Desde o Equipo de Normalización Lingüística convocamos un concurso de postais para todos os ciclos do centro. Outorgamos cinco premios de entre todos os traballos presentados, e elixeremos unha postal para fecilitar a toda a comunidade educativa nestas datas tan entrañables. A exposición de traballos no corredor principal do centro amosou que a iniciativa foi un éxito.
xoves, 29 de decembro de 2011
FESTIVAL DE NADAL
Foi unha xornada lúdica moi emotiva na que todos os nenos puideron amosar o seu bo facer no eido musical, interpretando distintas panxoliñas, e nas dramatizacións ao carón do Belén, que encheron de emoción e ledicia a todos os asistentes ó festival.
xoves, 22 de decembro de 2011
ACTUACIÓN DO CONTACONTOS NACHO DE LALÍN
O 16 de Decembro visitounos o contacontos Nacho de Lalín co que disfrutamos moito cos seus contos e historias, así como cas cantigas de tradición oral da súa infancia.
luns, 19 de decembro de 2011
OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL COA COLABORACIÓN DE SOGAMA
Unha experiencia impresionante na que aprendemos a reciclar o lixo nos distintos contedores para primeiro e segundo ciclo de primaria. Tamén xogamos ó trivial os alumnos de 5º e 6º, respostando a preguntas formuladas da man de dúas monitoras que tentaron fomentar con estas actividades hábitos de coidado e respecto á natureza, elaborando varios supermurais para sensibilizar ós escolares da importancia do aforro da auga para a vida e de como reciclar todo tipo de materiais.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)