mércores, 17 de decembro de 2008

Benvid@s!




Hoxe bota a andar o blog do noso colexio. Este espazo pretende ser o punto de encontro de tódolos membros da nosa comunidade educativa: nen@s, mestres/as, familias, persoal, etc...

Un lugar onde compartir as experiencias educativas que acontezan ao longo do curso, un lugar onde expresarse, a través da palabra e o diálogo, en resumo, unha prolongación do noso centro na rede.

Agardando que resulte do agrado de tod@s, sen máis, benvid@s!

Achegámosvos unhas fotos do Magosto no colexio e da saída ao Belén de Begonte dos nenos e nenas de Educación Infantil.