EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
sábado, 16 de marzo de 2024
DÍA DA MULLER
sábado, 2 de marzo de 2024
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Como cada ano celebramos no noso centro o Día de Rosalía de Castro. Recitamos moitos dos seus poemas entre o alumnado de infantil e primaria.
Tamén realizamos dous murais, un na planta alta e outro na planta baixa onde utilizamos a técnica plástica do "pop art", e no que participaron todo o alumnado do centro.
sábado, 24 de febreiro de 2024
O ENTROIDO
O entroido xa chegou !! O meco daba ordes cada día e pasámolo moi ben facéndolle caso..
venres, 9 de febreiro de 2024
DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ
luns, 6 de novembro de 2023
SAMAÍN!!!
A semana pasada estivemos de celebración!!. O samaín é unha festa de orixe celta onde a barreira entre o mundo humano e sobrenatural desaparece.
O noso cole colleu este aspecto.
Os nenos e nenas decoraron cabazas que acabaron nos establecementos do pobo!!
Que fermosas!!
Contamos un conto en galego-inglés para tódolos nenos e nenas de infantil e primaria: " A velliña que non lle tiña medo a nada".
E os nenos de primaria deixaron voar a imaxinación e inventaron historias de medo que leron aos seus compañeiros. Moi ben rapaces!!
venres, 15 de setembro de 2023
BENVIDOS AO CURSO 2023-2024
Queridos nenos e nenas: aquí estamos un curso máis agardándovos con moito agarimo e con moita ilusión.
Esperemos que este curso veña cargado de novos aprendizaxes e novas experiencias!! Moita sorte a todos e a todas!!
venres, 23 de xuño de 2023
XORNAL ESCOLAR
Aquí podedes ver un ano máis o noso Xornal Escolar. Grazas a todos polas vosas aportacións!!
En especial á profe María e Ana por darlle vida!!
Disfrutádeo moito! E feliz verán a todos!!